Mapa actualizado do radon en Galicia

O radon é un gas que en concentracións demasiado elevadas supón o primeiro factor de risco en cancro de pulmón para persoas non fumadoras. Por iso convén mantelo controlado e para iso o Laboratorio de Radon de Galicia, pertencente á Universidade de Santiago, non deixa de facer estudos. Tralas últimas medicións, unhas en toda a comunidade, vén de presentar un mapa actualizado que abarca máis alá dos municipios e se centra en subzonas dentro de cada Concello, permitindo facer unha análise máis profunda da presenza deste elemento nas vivendas de cada territorio. Ourense, coun 22,9 por cento de inmobles que superan os límites de concentración recomendados é a provincia máis afectada.
Back to Top